...::: Autores Galegos :::...
Bernal de Bonaval
Santiago de Compostela (A Coruña) · 11__ - 12__
Natural de Santiago de Compostela, é un dos xograres máis antigos dos que se ten constancia. Residiu nas cortes de Fernando III e de Afonso X, motivo polo que os estudosos o sitúan entre os fins do século XII e comezos do XIII.
Da súa produción consérvanse 10 cantigas de amor, 8 de amigo e unha tensón. Para a súa obra empregou moito o paralelismo, que aínda sendo un recurso típico das cantigas de amigo, mesmo o empregou para as de amor. Todas as súas cantigas foron recollidas nos Cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional.