...::: Autores Galegos :::...
Francisco Sánchez
Tui (Pontevedra) · 1550 - 1623
Autor nado en Tui, a súa vida transcorreu en varios países. Da súa vila natal marchou primeiro a Portugal e logo a Francia. Na cidade de Burdeos iniciou os seus estudos primarios no Colexio de Guyenne. Unha vez finalizados, trasladouse a Italia onde ademais dos seus estudos académicos, entrou en contacto con algunhas das figuras máis destacadas do Renacemento. Sánchez cursou os seus estudos en medicina na Universidade de Montpellier, onde destacou pola súa brillante carreira académica. Ao non obter a praza de profesor á que aspiraba, trasladouse a Toulouse, onde exerceu como médico e profesor.
Como fillo do Renacemento, o autor manifestou unha gran curiosidade por numerosos temas. Na súa obra reflíctese o seu interese pola medicina, a filosofía, as matemáticas, a astronomía ou a poesía. A súa obra máis coñecida é Quod Nihil Scitur (Que nada se sabe), onde se pode ver de xeito claro o escepticismo que primou no seu pensamento. Quizáis por iso foi coñecido tamén co alcume de "El escéptico"
O alcance da obra de Fernando Sánchez foi tal que autores como Pierre-Daniel Huet sinalaron a súa influencia no concepto de dúbida metódica de Descartes.