...::: Autores Galegos :::...
Francisco Salgado de Somoza
A Coruña · 1590 - 1664
Cultivador do dereito canónico, procesual e mercantil, este sacerdote foi un dos xuristas máis controvertidos do seu tempo.
Desempeñou os cargos de avogado da Audiencia da Coruña, vicario xeral do Arcebispado de Toledo e membro do Real Consello de Facenda e do Consello Supremo de Castela. Pasaría os seus últimos anos retirado da vida pública e dedicado ao estudo na abadía de Alcalá la Real.
Considerado polos autores alemáns da época como un dos especialistas máis importantes no Dereito Procesual, o seu Tractatus de Regia Protectione supuxo unha revolución ao presentar por primeira vez un exhaustivo estudo do recurso de forza. A obra foi condenada por Roma e incluída no índice de libros prohibidos e só a postura favorable de Filipe IV e o conde-duque de Olivares permitiron a súa publicación en España.