...::: Autores Galegos :::...
Pedro Losada Rodriguez
Santiago de Compostela (A Coruña) · 1792 - 1840
Totalmente ligado á vida universitaria, este presbítero compostelan foi un estudioso incansable. Foi licenciado e doutor en Canons, licenciado en Leis e doutor en Xurisprudencia.
A súa actividade docente desenvolveuna na universidade de Santiago, onde comezou ocupando a cátedra de Rudimentos e Lingua Latina, pasando logo á de Literatura e Historia. Por razóns políticas, sería apartado en duas ocasións da actividade universitaria debido ás súas ideas liberais. Retomado ó seu labor docente, non só ocupou varias cátedras (Perfección de Latín, Economía Política) senon que chegou a ser reitor por duas veces, época na que se licenciou en Filosofía á idade de sesenta e dous anos.
Fora da universidade, Losada Rodríguez participou na restauración da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Compostela durante o Trienio Liberal, da que non só foi membro, senon que tamén foi elixido vicesecretario. Foi tamén censor da Academia Literaria de Santiago.