...::: Autores Galegos :::...
Miguel Antonio Montes y Piñeiro
Vigo (Pontevedra) · 1715 - 1781
Sábese do relixioso vigués Miguel Antonio Montes y Piñeiro que estudou no colexio de San Clemente en Santiago. Completou a súa formación en Bolonia e volveu a Compostela en 1748, grazas á recomendación de Benedicto XIV para ocupar un lectorado.
Como agradecemento ao colexio que o acolleu, en 1769 publicou en Santiago unha biografía do insigne fundador do Colexio de San Clemente. A obra foi encadernada xunto cun panexírico pronunciado tamén en loanza do fundador no mesmo ano.