...::: Autores Galegos :::...
José Lucas Labrada
17__ - 18__
Poucos datos se teñen sobor dos primeiros anos de vida do autor. De feito, as dúbidas comezan xa polo mesmo lugar do seu nacemento. Segundo uns, José Lucas Labrada naceu en Santiago, mentres que outros defenden a tese de que foi na Coruña. O certo é que José Lucas Labrada residiu en ambas as dúas cidades, chegando a ser secretario da Xunta de Goberno do Real Consulado da Coruña.
Na época na que viviu en Santiago, probablemente durante a súa etapa de formación, traballou na investigación das orixes da lingua galega e nun vocabulario ou dicionario da mesma. Desafortunadamente, hoxe non se conservan os escritos relacionados con esta materia posiblemente por mor de que nunca chegaron á imprenta.
A obra que hoxe se conserva deste autor versa na súa meirande parte sobre economía.