...::: Autores Galegos :::...
Luis de Losada y Quiroga
1681 - 1748
Aínda que nado na provincia de Ourense, Losada Quiroga pasou gran parte da súa vida en Salamanca, lugar no que transcorreu a meirande parte da súa formación e o seu traballo. No colexio que a Compañía de Xesús tiña na cidade salmantina foi onde exerceu coma mestre en Filosofía, Teoloxía e Sagradas Escrituras.
Gozou de gran sona e respecto entre os seus contemporáneos, chegando a ser amigo, mestre e inspirador do Padre Isla. Asemade, persoeiros como o Padre Feijoo, Jovellanos ou Menéndez Pidal manifestaron en varias ocasións a súa admiración polo autor.
A súa obra Curso filosófico, consolidouno coma un dos autores máis importantes da Historia da Compañía de Xesús. Proba disto é o feito de que a obra fora adoptada como texto nos Colexios Máximos da Compañía no século XX.