...::: Autores Galegos :::...
Juan García de Saavedra
Pontevedra · 15__ - 15__
Ignóranse numerosos datos sobor da vida deste teórico político e recoñecido xurista especializado en Dereito civil. Entre os cargos que desempeñou estiveron os de Relator da Curia en Madrid e o de Corrixidor de Guadalaxara.
A súa obra acadou gran fama en Europa, chegando a facerse numerosas impresións tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. A máis coñecida foi De expensis et meliorationibus. Liber unus que consta de catro tratados breves publicados conxuntamente. Ademais da súa propia obra, Juan García de Saavedra encargouse de revisar e ampliar dous libros que escribira o seu pai Juan García Gallego.
Segundo varias fontes, pasou os seus derradeiros días en Pontevedra. Alí exerceu coma guía e conselleiro da Confraría de Mareantes, institución de gran importancia tanto no eido social como no laboral.