...::: Autores Galegos :::...
Antonio Graña Nieto
A Coruña · 16__ - 1663
Antonio Graña Nieto destacou sobre todo polo seu labor no ámbito das Leis. Ocupou cargos de recoñecida relevancia, como foron os de profesor da Universidade de Salamanca, decano da Facultade de Cánones e Leis ou oidor da Real Audiencia da Coruña.
Salientou coma canonista, obtendo un gran prestixio coa súa obra Catena Jurium, rematada arredor do ano 1640 e reimprimida en varias ocasións. A obra versa sobor dos límites da autoridade real e da obrigatoriedade dos príncipes á hora de acatar as leis.
Hoxe en día, pódese visitar a súa tumba no convento de Santo Domingo da Coruña. Nela, un curioso epitafio reza “Primer español comentador de las Decretales”.