...::: Autores Galegos :::...
José Gil Taboada
Santiago de Compostela (A Coruña) · 16__ - 1719
Crese que José Gil Taboada tomou os hábitos no convento franciscano de Compostela arredor de 1684, ano no que aparece nun listado de novizos dese mosteiro. Cursou Teoloxía en Salamanca, ingresando logo no Colexio de Pasantes de Alba de Tormes. Tamén en Salamanca, ocupou a Cátedra de Filosofía varios anos.
En 1707, retornou ao convento franciscano de Compostela como lector de Teoloxía, examinador sinodal do Arcebispado e censor de libros por orde da Inquisición. Tras ocupar outros cargos, en 1713 foi nomeado ministro provincial. Este posto permitiulle realizar numerosas viaxes pola provincia, o que espertou a preocupación de Gil Taboada pola súa situación. A partir de entón promovería dende o seu posto a realización de numerosos estudios.
O derradeiro posto que ocupou foi o de visitador da provincia de Castela. Dende 1716 ate 1719, ano da súa morte, residiu en Salamanca.