...::: Autores Galegos :::...
Francisco de Trillo y Figueroa
Ares (A Coruña) · 162_ - 168_
Aínda que nado en Galicia, Francisco de Trillo y Figueroa trasladouse en 1632 a Granada, lugar no que desenvolveu a totalidade da súa actividade literaria. Foi un poeta recoñecido na cidade andaluza, onde participou activamente na súa vida social. Na súa obra fíxose eco de numerosos acontecementos poético - históricos da Granada daquel entón. Os seus poemas versaban dos acontecementos máis heteroxéneos: dende actos de carácter fúnebre ate outros como os Corpus Florais.
Trillo Figueroa foi un dos poetas barrocos máis interesantes, destacando sobre todo a súa vertente satírico-burlesca. Entre a súa obra destaca especialmente o poema heroico Neapolisea, dedicado a "O Gran Capitán" (Gonzalo Fernández de Córdoba).
En 1951 foron publicadas por vez primeira as súas obras completas.