...::: Autores Galegos :::...
Juan Mateo Aguirre López de la Peña
Santiago de Compostela (A Coruña) · 17__ - 1751
Prateiro e gravador en cobre, o seu nacemento suponse que tivo lugar en Santiago a comezos do século XVIII. Nembargante, si existen varios testemuños documentais de diversas actividades que desenvolveu, en xeral relixiosas e relacionadas con diversas confrarías. Coñecemos tamén a data da súa morte, acaecida en 1751.
No tocante a súa produción, que asina sempre na súa obra coñecida como “Aguirre”, sábese dunha lámina representando a Nosa Señora do Rosario encargada polos dominicos de Oviedo (1740). Anterior a esta obra é a lámina de Santa Bárbara, da que temos constancia documental pola papeleta de entrada na confraría da santa, en 1732. Tamén anterior, de 1733, é o gravado da Virxe das Dores que encabeza a tese de José Bermúdez Maceda, impresa en 1761 polo impresor compostelán Frayz.
Outras obras súas son o escudo dos Fonsecas que aparece nas Providencias Reales, que por mandado de la Magestad del Rei nuestro Señor D. Fernando VI se han comunicad... A la Universidad de Santiago i sus dos Colegios, Mayor de Fonseca, i Menor de S. Gerónimo..., impreso por Buenaventura Aguayo en 1772. Tamén temos constancia como obra súa do escudo do Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, conservado na tese que en 1802 dedicou D. Manuel Modesto Salgado y Domínguez á irmá deste prócer Dona Mª Teresa Armada y Caamaño.