...::: Autores Galegos :::...
Constanza de Acuña
15_ - 16_
Unhas fontes consultadas cítana como esposa do primeiro Conde de Gondomar, Don Diego Sarmiento de Acuña, aínda que outras, como Freijeiro Castromil, considera que era a súa filla. En realidade parece ser que se trata da súa segunda muller (Elliot), tendo sido a primeira dona Beatriz de Mendoza.
Cando o seu pai, Lope de Acuña, falece en Arlés (Flandes), Constanza é enviada a Españas, concretamente a Valladolid, onde é recibida polo seu tío que a traslada ó mosteiro de Jesús y María. É nesta cidade onde se organiza o seu matrimonio para entrar en parentesco coa linaxe dos Acuña.
Mantivo unha fluída correspondencia co seu esposo, dende Valladolid e dende Galicia, para telo informado ó día durante as súas ausencias. Estas cartas sirven actualmente como reflexo histórico da vida familiar da nobleza da época, e mostran o pouco habitual caso dunha muller ilustrada daquela época