...::: Autores Galegos :::...
Alfonso Eanes do Cotón
Negreira (A Coruña) · 11__ - 12__
Alfonso Eanes do Cotón naceu na vila coruñesa de Negreira, a finais do século XII. Tense constancia da súa participación nas campañas da Reconquista e da lectura da súas composicións dedúcese que estivo presente na toma da cidade de Jaén e ate nas de Sevilla e de Córdoba. Na súa obra deixa entrever, dalgún xeito, que foi un asiduo frecuentador de tabernas e que lle gustaba tratar con “mulleres fáciles”.
Como autor literario floreceu durante os reinados de Fernando III e do seu fillo Afonso X, e mesmo frecuentou as cortes destes dous importantes monarcas. Da súa produción consérvanse arredor de vinte cantigas, sendo a meirande parte delas de escarnio e maldicir. Tamén se conserva unha tensón que compuxo man a man co seu amigo e discípulo Pero da Ponte, e moitos son os estudosos que conveñen en catalogala como a composición máis interesante do trobador negreirés.