|
|
 |
| Rosalía de Castro |
| Santiago de Compostela (A Coruña) · 1837 - 1885 |
|
|
|
 |
|
|
| Rosalía de Castro naceu en 1837, froito dunha clandestina relación entre un sacerdote e unha fidalga compostelá. Pasa os primeiros anos en Santiago, cunhas tías paternas, pero cedo marchará a Padrón a vivir coa súa nai. Non se teñen moitos datos da súa educación, mais existen indicios que apuntan a un gusto polo debuxo, a música e a declamación. Si se sabe que en 1856 viaxa a Madrid e, un ano máis tarde, publica o seu 1º libro de poemas, La flor, escrito en castelán. |
| Na capital coñece ao historiador galego Manuel Murguía, co que casará en 1858. Cinco anos máis tarde, en 1863, publica un 2º libro de poemas, Cantares Gallegos, a súa primeira obra en lingua galega. En 1880 terá lugar a publicación do seu 2º poemario en galego (Follas Novas) onde a escritora amosará o seu lado máis pesimista. Xa ao final da súa vida, decide volver a Padrón, onde morre á idade de corenta e oito anos. |
| Xunto a Curros e Pondal, situouse como precursora do Rexurdimento cultural galego. Proba disto é que, co gallo do centenario da publicación de “Cantares Gallegos”, a Real Academia Galega decidiu consagrar o 17 de maio como Día das Letras Galegas, dedicándolle á autora a súa 1ª edición. Como outros importantes ilustres galegos, os restos desta insigne escritora atópanse no Panteón de Galegos Ilustres, en Santo Domingo de Bonaval. |
|
|
|
|