...::: Autores Galegos :::...
Airas Nunes
123_ - 1289
Non se coñece con exactitude o lugar de nacemento deste autor, aínda que se considera moi probábel a hipótese da súa orixe galega. Airas Nunes foi un dos trobadores máis importantes da lírica galego-portuguesa do século XIII. O seu nome está unido ao de outras figuras tan coñecidas como Martín Codax, Joan Soares de Pavia ou Pero da Ponte.
Tense constancia de que entre os anos 1284 e 1289 estivo ao servizo da corte de Sancho IV de Castela. Tamén se ten noticia de que as súas composicións eran representadas nas cortes de Fernando III, Afonso X, Don Denis ou Afonso IV de Portugal.
En canto á súa obra poética, consérvanse 15 textos, entre os que se inclúen cantigas de amor, de amigo e de escarnio e maldicir. Ademais, crese que puido colaborar nalgunhas das composicións das Cantigas de Santa María de Afonso X, O Sabio.