...::: Autores Galegos :::...
Afonso X
Toledo · 1221 - 1252
Aínda que sendo natural do antigo reino de Castela e León, non se pode obviar a importancia que este monarca tivo nas letras galegas. Os 420 poemas que conforman as súas famosas Cantigas de Santa María son unha boa mostra diso. Escritas en galego-portugués, son un bo exemplo da importancia desta lingua nas composicións líricas dos séculos XIII e XIV.
As artes e as ciencias ocuparon un lugar preeminente durante o seu reinado, facendo que fose coñecido como “O Sabio”. No referente ás ciencias, salientou no tocante á astronomía, merecendo un lugar destacado as súas Tablas astronómicas alfonsíes, elaboradas en 1272. O seu labor no eido lexislativo tamén foi importante, sendo considerado o introdutor do Dereito Romano.
O monarca potenciou tamén os estudos historiográficos e musicais. Dos seus talleres saíron obras tan importantes como Estoria de España, La Grande e General Estoria ou os Libros de axedrez, dados e tablas. En coherencia coa defensa que facía das linguas vernáculas, a maioría das súas obras estaban redactadas en lingua romance.