...::: Autores Galegos :::...
Juan Bernardo Díaz de Lugo
Lugo · 15__ - 1556
Aínda que non se sabe con certeza, son numerosos os testemuños que apuntan Lugo como a cidade natal de Juan Bernardo Díaz. Do que si se ten constancia é de que cursou os seus estudos en xurisprudencia civil e canónica en Salamanca, universidade na que destacou pola súa brillante traxectoria académica.
Entre outros cargos, Juan Bernardo Díaz de Lugo desempeñou o de provisor en Valencia. Ademais, foi nomeado por Carlos V Conselleiro de Indias e bispo de Calahorra. Grazas a este último cargo puido asistir a varias sesións do Concilio de Trento.
No tocante á súa obra, escribiu tratados tanto en latín, coma en castelán, que contaron con numerosos lectores na época. As numerosas reimpresións levadas a cabo dan boa mostra diso.